mércores, 27 de setembro de 2023

Os Sentidos: A vista

 


A visión é Sentido polo que se percibe a forma e mais a cor dos obxectos. ollo ou globo ocular é o órgano que detecta a luz, sendo a base do sentido da vista. Componse dun sistema sensible aos cambios de luz, capaz de transformar estes en impulsos eléctricos. Os ollos máis sinxelos non fan máis que detectar se os arredores están iluminados ou escuros. Os máis complexos serven para proporcionar o sentido da vista.

Demostra os teus coñecementos:






Os Sentidos: O Oído


    O oído ou ouvido (do verbo latino audire 'oír'[1]) é un conxunto de órganos cuxas funcións principais son dotar de equilibrio e audición ao corpo dos humanos ou animais. 
É un órgano que se atopa moi desenvolvido, principalmente en mamíferos terrestres e acuáticos, tal é o caso dos félidos e os grandes cetáceos onde, grazas á súa evolución fisioanatómica, hiperdesenvolvéronse mecanorreceptocitos especializados en destacar o sentido de equilibrio e audición en perfecta harmonía. No caso do ser humano esta evolución non está tan desenvolvida.
En conxunto o estudo histoanatómico do oído divídese en tres partes, oído externo, oído medio e oído interno.
Practica o que sabes:

luns, 18 de setembro de 2023

A Atmosfera



Estas semanas estamos descubrindo diferentes aspectos sobre o noso planeta e a importancia do seu coidado. A Atmosfera é de especial relevancia por diferentes motivos, entre eles a proteción da radiación solar e o osíxeno que respiramos.

Dispoñedes nesta entrada dalgúns xogos e vídeos para recordar contidos traballados na aula.

As capas da Atmosfera

Xogo sobre as capas da Atmosfera.

Axúdame a limpar o mar

Recollemos o lixo no colector que corresponde.

Imos de Camping