O concello ou municipio é, a estrutura básica de administración local.
Poden distinguirse tres tipos de concellos:
- Urbanos: concellos constituídos exclusivamente, ou case, por territorio urbanizado.
- Rurais: municipios constituídos por un ou máis núcleos poboacionais de pequenas dimensións e por territorio non urbanizado relativamente vasto.
- Mixtos: concellos que comprenden cantidades significativas quer de territorio urbano, quer de territorio rural.